miércoles, 5 de septiembre de 2007

Titirimania

Carmiña Brañolas e as Tarrañolas

Carmiña e unha rapaza viaxeira, que vai recopilando contos, cancións e experiencias, das suas camiñatas polo mundo. Necesita romper o maleficio ó que está sometida pola raíña das augas e na sua busqueda se topa con moitos personaxes e seres máxicos que lle axudarán o seu cometido,tendo que axudar tamén ás xentes dunha vila a atopar a auga, un elemento tan necesario para todos, das garras dún tremendo ogro. Obra entretida onde a través de diversos personaxes, cancións e instrumentos musicais os rapaces e non tan rapaces poden pasalo moi ben.




No hay comentarios: