jueves, 28 de mayo de 2009

1º Escola Verán Unima Galicia do 24 al 30 de Agosto

Este proxecto nace coa intención de crear unha escola de verán en Galicia, que teña unha convocatoria anual, na que se desenvolvan cursos e obradoiros relacionados coa arte do Teatro de monicreques, así como actividades destinadas a fomentar dita arte.

A sede, na súa Primeira Edición, a vila de Esteiro no concello de Muros, provincia da Coruña.

Unima Galicia xestionará a organización e realización da Escola, contando para elo cos seus propios recursos humanos e co apoio da Unima Federación España para a difusión a nivel nacional e internacional do evento.

Consideramos que esta iniciativa cobra unha relevancia especial por estar a nosa asociación celebrando os 80 anos de existencia, e arrancar con esta actividade en Galicia significa achegar o traballo dos profesionais do noso pais ás novas xeracións de artistas, así como ás persoas que senten interese por esta arte, tanto no ámbito laboral como no mundo do ensino, onde sempre os monicreques foron moi valorados.

Desexamos que esta escola de Verán se converta nun punto de referencia e encontro para titiriteiros profesionais e afeccionados en Galicia. Para iso contamos coa participación de profesionais do sector na formación e na organización de eventos, cunha longa experiencia de traballo.

Así mesmo, crearíase a 1º Mostra de Teatro de Monicreques de Muros coas compañías participantes, que representarían os seus espectáculos por diversos puntos do Municipio.

No hay comentarios: